As propostas creativas presentadas ao certamen convocado ao abeiro do convenio Lugo Cultural poderán visualizarse nunha sesión aberta ao público que se desenvolverá este venres, a partir das 21.00 horas. Os gañadores do público e do xurado daranse a coñecer ao remate da gala

A oitava edición do maratón cinematográfico ‘Findecurta’, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, que celebra este venres 12 de maio, a súa gala de entrega de entrega de premios, no marco dunha sesión aberta que se desenvolverá a partir das 21.00 horas, na luguesa Praza de Santa María, onde se poderán visualizar as distintas propostas creativas presentadas a concurso.
Unha vez rematad a proxección dos traballos presentados, o xurado e o público presente darán a coñecer as propostas gañadoras. Os autores da curta máis valorada polos membros do xurado recibirán unha gratificación en metálico de 400 euros, ademais da posibilidade de competir coa súa creación na próxima edición da Semana de Cine de Autor de Lugo. A segunda curta mellor valorada tamén poderá optar ao premio do público á mellor curtametraxe galega no marco da Semana de Cine de Lugo. Esta sesión trasladarase ao auditorio da Facultade de Veterinaria en caso de choiva.