03.05.2023 | 18.00h
Un filme dos cineastas belgas Jean-Pierre e Luc Dardenne

O Cineclub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores día 3 de maio ás 18.00 h a proxección en VOSE do filme Rosetta (1999), dos cineastas belgas Jean-Pierre e Luc Dardenne.
O pase, que será presentado por Martín Paradelo, doutor en Historia da Arte, crítico de cinema e secretario xeral da CNT entre 2015 e 2017, terá lugar no Salón de Actos do centro e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.