Ir o contido principal

Ciclo de Cinema Filosófico

Proxección de 'O sacrificio dun cervo sagrado'

11.12.2024 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, terá lugar este mércores 11 de decembro a partir das 18.00 horas no Salón de Actos do centro. Proxectarase o filme 'O sacrificio dun cervo sagrado' ['The Killing of a Sacred Deer'] (2017), do cineasta grego Yorgos Lanthimos (VOSE). O filme será presentado por Pablo Sarmiento.

Esta é unha actividade do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o estudantado da universidade compostelá. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.

Cartel da película
Cartel da película
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2024.