13.03.2023 | 16.00h-18.00h
Un filme de Sarah Gavron

O Cinefórum da Facultade de Filosofía programa o luns 13 de marzo ás 16.00 horas a proxección do filme Sufraxistas (Suffragette, 2015), da directora británica Sarah Gavron.
A película, que se centra no labor das primeiras participantes do movemento británico en favor do sufraxio feminino a finais do S. XIX e principios do XX, proxectarase en versión orixinal subtitulada do Salón de Actos do centro. A participación nesta sesión, que se enmarca no programa de actividades da Facultade de Filosofía ao abeiro do 8M, é libre ata completar a capacidade da sala.