Ir o contido principal

Ciclo de cinema 'DACH-Kino'

Proxección de 'Vor der Morgenröte: Stefan Zweig'

05.04.2022 | 19.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O principio DACH baséase no recoñecemento fundamental da diversidade dos países de fala alemá, principalmente Alemaña, Austria e Suíza.

'Vor der Morgenröte: Stefan Zweig' (Austria, 2016)
'Vor der Morgenröte: Stefan Zweig' (Austria, 2016)

O Centro de Linguas Modernas da USC, o​ lect​orado do Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD) e Österreichischer Austauschdienst (OeAD), en cooperación co Foro Cultural de Austria en Madrid, a AT Filmakademie e o Goethe-Institut organizan 'DACH-Kino', un ciclo de cinema arredor dos filmes dos países de lingua alemá que pretende dar a coñecer a súa riqueza e a diversidade cultural e lingüística. 

Coordinado por Laura Stupperich, Sebastian Windisch e José Manuel Pérez Pena, o ciclo programa do 29 de marzo ao 10 de maio unha serie de seis filmes que destacados das cinematografías alemá, austríaca e suíza. Todas as  proxeccións serán os martes ás 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

O acto de inauguración do ciclo terá lugar o 5 de marzo e contará coa presenza de Alejandra Ulla, vicedecana da Facultade de Filoloxía e dos organizadores do acto,  Sebastian Windisch e Laura Stupperich.

A seguir, proxectarase o filme Vor der Morgenröte: Stefan Zweig ( Stefan Zweig: Adeus a Europa, Austria, 2016), dirixido por Maria Schrader. Contará coa presentación de Sebastian Windisch. 

Sinopse

Stefan Zweig (1881-1942) foi un coñecido escritor, biógrafo e activista social austríaco de orixe xudía que se viu obrigado a fuxir do seu país debido ao réxime nazi. Ao estoupar a Segunda Guerra Mundial, refúxiase en París e máis tarde en Londres. Aínda así, Zweig acabará fuxindo xunto coa súa esposa a Sudamérica, instalándose finalmente no Brasil, onde remata por suicidarse en 1942 ante o temor de que o nazismo se estenda por todo o mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.04.2022.