05.10.2022 | 18.00h-20.00h
Un filme de Jacques Tourneur

O Cineclub da Facultade de Filosoría da USC programa o mércores, 5 de outubro, unha nova proxección do Ciclo de Cinema Filosófico. Desta volta, o filme en proxección é I walked with a zombie (1943), cineasta franco-estadounidense Jacques Tourneur. A sesión forma parte dun miniciclo de cinema de terror que se estenderá ata o 2 de novembro.
A proxección, en versión orixinal subtitulada ao español, arrancará ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade, e a súa presentación correrá a cargo Miguel López de Golán (Facultade de Filosofía, USC).
A asistencia é libre até completar a capacidade da sala.