03.12.2021 | 12.00h
Organizada polo Mestrado de Historia Moderna 'Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII'

O doutor Fernando Plata Parga (Colgate University, EE.UU.) impartirá a conferencia titulada "Quevedo y Felipe IV: el memorial Católica, Sacra, Real Majestad”.
O relatorio celebrarase o 3 de decembro de 2021, ás 12:00 horas, na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia (USC).
Este seminario internacional, coordinado polo profesor Domingo L. González Lopo e organizado polo mestrado de Historia Moderna “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, está aberto á participación de toda a comunidade universitaria.