Ir o contido principal

Congreso internacional

Quevedo en tempos de Calderón. Cabaleiros da Orde de Santiago na literatura española do Século de Ouro

20.06.2022 | 09.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Do 20 ao 23 de xuño, especialistas da contorna internacional en Literatura Española do Século do Ouro debaterán en Filoloxía arredor das obras do período

Cartel do congreso
Cartel do congreso

O Salón de Actos da Facultade de Filoloxía acollerá do 20 ao 23 de xuño o congreso 'Quevedo en tempos de Calderón. Cabaleiros da Orde de Santiago na literatura española do Século de Ouro'

Os profesores Antonio Azaustre Galiana, Santiago Fernández Mosquera e a profesora Alejandra Ulla Lorenzo conforman o comité organizador deste evento que reunirá en Compostela numerosas/os especialistas do ámbito da contorna internacional. 

O acto de inauguración celebrarase o día 20 de xuño ás 9.30 horas e contará coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; do decano da Facultade de Filoloxía, Elias Feijo Torres e da directora do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Belén López Meirama. 

O congreso conta con financiación da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia e Innovación, alén da colaboración da Asociación Internacional do Século de Ouro (AISO).

O programa completo do evento pode ser descargado na ligazón inferior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2022.