Ir o contido principal

Lubicán Íntimo

Rafa Fernández presenta 'A cara bonita da pedra' na Casa do Saber

Venres, 6 de marzo, ás 21.00 horas

Lugo
Casa do Saber

A actuación do guitarrista Rafa Fernández, que estará acompañado de varios artistas no seu espectáculo, está organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

Rafa Fernández, nunha actuación
Rafa Fernández, nunha actuación

O guitarrista Rafa Fernández presentará este venres, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o seu último traballo ‘A cara bonita da pedra’, no marco do Lubicán Íntimo, un dos ciclos organizados ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento de USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Rafa Fernández estará acompañado no seu espectáculo por Virxilio da Silva (guitarra eléctrica), Álex Salgueiro (órgano Farfisa e Hohner pianet) e Juan Cañada (contrabaixo). As proxeccións que acompañarán a música correrán a cargo de Iván Torres.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2020.