06.10.2022 | 13.00h
O proxecto está liderado pola NTNU de Noruega e integrado por un consorcio de 22 socios que inclúe universidades e centros de investigación europeos (CITMAga) e empresas estatais e internacionais

Este xoves 6 de outubro terá lugar o Clustering Event 'RAW MATERIALS IN EUROPE: How to improve the recycling of secondary raw materials in Europe with the Norwegian ecosystem as an example' co-organizado por Sisal Pilot Project, onde se espera a participación de empresas e centros de investigación líderes no sector. Sisal Pilot é un proxecto financiado polo programa Horizon 2020 da Unión Europea (GA: 869268) que pretende demostrar un novo proceso industrial patentado para producir silicio que permita pasar do proceso actual a unha alternativa moito máis sostible dende o punto de vista ambiental e económico utilizando materias primas secundarias, como chatarra de aluminio. O proxecto está liderado pola NTNU de Noruega e integrado por un consorcio de 22 socios que inclúe universidades e centros de investigación europeos (CITMAga) e empresas estatais e internacionais. O procedemento de inscrición pode consultarse na web do proxecto.