24.06.2021 | 17.00h
Evento organizado pola USC

O vindeiro 24 de xuño terá lugar o acto institucional que a USC celebra en recoñecemento aos mellores expedientes de Ensino Medio de Galicia, correspondentes a este ano 2021, e que serve de peche ás actividades do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.
O evento poderá seguirse en directo nesta ligazón.