Multiusos Fontes do Sar
O acto institucional que a USC celebra en recoñecemento aos mellores expedientes de Ensino Medio de Galicia serve de peche ás actividades do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC
O vindeiro 23 de xuño, o Multiusos Fontes do Sar acollerá o acto institucional de recoñecemento aos máis de 1.000 estudantes que acadaron os mellores expedientes na ABAU dos centros de ensino medio de Galicia.
A cerimonia, que comezará ás 17.30 horas, estará presidida polo reitor da USC, Antonio López e contará tamén coa presenza de Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa; do concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Mauricio Repetto Morbán; do segundo tenente de alcalde do Concello de Santiago de Compostela, Gumersindo Guinarte Cabada; e do delegado do reitor para Ensino Medio, Celso Rodríguez Fernández; así como unha representación do equipo de goberno e das direccións de diversos centros dos campus de Santiago e Lugo. Julio Raposo Bouzas, estudante do CPR Manuel Peleteiro de Santiago, intervirá en representación do alumnado de Bacharelato de Galicia; mentres que Francisco Javier Núñez Aguado, director do IES 'Nosa Señora dos Ollos Grandes' de Lugo, falará en representación dos centros de Ensino Medio de Galicia.