Ir o contido principal

II Seminario 'Educacións en prisión. Sinerxías de acción educativa'

'Recursos, proxectos e estratexias formativas nas prisións'

01.10.2020 | 17.00h-19.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta iniciativa forma parte do Plan de Animación Sociocultural en Prisión do Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), coordinado pola Asociación Aliad Ultreia e o Grupo de investigación SEPA-interea da USC

Cartel do seminario
Cartel do seminario

 'Recursos, proxectos e estratexias formativas nas prisións' é o segundo relatorio do Seminario 'Educacións en prisión. Sinerxías de acción educativa', e será impartido pola profesora María del Mar García Vita, da Universidade de Almería. 

Nesta segunda edición focalízase na potenciación de sinerxías no desenvolvemento de procesos educativos favorecedores da reinserción social da poboación reclusa, posto que o escenario xeral non amosa evidencias satisfactorias da capacidade re-educativa dos centros penitenciarios.

O obxectivo é, polo tanto, a reivindicación do valor máximo da educación para a reinserción, así como do recoñecemento das entidades que desenvolven o seu traballo nas prisións galegas e a necesidade de consolidar unha rede que as fortaleza.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2020.