A Área de Orientación Laboral e Emprego da USC e AMS promoven este obradoiro de carácter gratuíto

Facerse coas dinámicas centrais no establecemento de redes de contactos profesionais, sacar o maior partido á creación de perfís en redes sociais e dar con estratexias para a construción da marca persoal son algúns do contidos que se abordarán no obradoiro 'Redes sociais na procura de emprego', un taller en liña de carácter gratuíto que organizan AMS e a Oficina de Orientación Laboral e Emprego da USC.
Impartido por Óscar Vázque Moris, Lead Sourcer Specialist en AMS (empresa consultora de RRHH), o obradoiro desenvolverase o xoves 26 de xaneiro das 12.00 ás 13.30 horas a través de MS TEAMS. Para participar é preciso cursar inscrición previa a través da secretaría virtual da USC ata o 25 de xaneiro.