A Xornada abordará as transformacións no panorama xeoestratégico mundial e como iso impacta no cambiante ámbito da seguridade marítima

A xornada sobre a reforma das estratexias de seguridade marítima que organiza o Grupo de Estudos Internacionais (GRESIN) da USC desenvólvese este venres 6, a partir das 9.30 horas, baixo a dirección dos profesores. Montserrat Pintado Lobato e Julio Jorge Urbina en colaboración co Instituto Español de Estudos Estratéxicos, o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) da USC e o Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) da USC.
A Xornada terá lugar en horario de mañá no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. A Xornada abordará as transformacións no panorama xeoestratégico mundial e como iso impacta no cambiante ámbito da seguridade marítima. Dende esta perspectiva, analizaranse os cambios experimentados nas estratexias de seguridade marítima elaboradas por España e pola Unión Europea, que están a ser obxecto de revisión para facer fronte aos novos retos da seguridade marítima.