Ir o contido principal

Seminario Internacional

'A reforma da formación profesional en España: un novo modelo para o s. XXI'

07.10.2022 | 09.45h-19.00h

Santiago de Compostela

Evento organizado ao abeiro do proxecto de Investigación 'Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global' (AEI | PID2020-113151RB-100)

Facultade de Relacións Laborais da USC
Facultade de Relacións Laborais da USC

O seminario internacional 'A reforma da formación profesional en España: un novo modelo para o s. XXI’ ten por obxectivo abordar as amplas transformacións do sistema de formación profesional español que recolle a recentemente aprobada Lei Orgánica de Ordenación e Integración da Formación Profesional, tentando amosar o punto de vista dos distintos actores implicados (administración, axentes sociais, axentes educativos) e extraer unha serie de conclusións sobre cara a onde camiña a FP en España.

O foro desenvolverase o 7 de outubro, das 9.45 ás 19.00 horas na Facultade de Relacións Laborais do Campus Vida ao abeiro  do proxecto de investigación 'Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global', que conta con financiamento da Axencia Estatal de Investigación (PID2020-113151RB-100).

A sesión inaugural será presidida polo reitor da USC, Antonio López, e contará coas intervencións de Lourdes Mella Méndez, catedrática de Dereito do Traballo e investigadora principal do proxecto, e de Domingo A. Rodríguez Agulleiro, subdirector xeral de Ordenación e Innovación da Formación Profesional do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

O evento é gratuíto e está destinado a alumnado, profesorado universitario, profesorado de FP e, en xeral, a toda persoa interesada en coñecer máis sobre o sistema de formación profesional español. A asistencia poderá realizarse de maneira presencial (recomendada) ou virtual, sinalando o tipo de participación preferente no momento de inscrición. En ambos casos (e co control pertinente), a asistencia dará dereito a recibir un diploma de asistencia a este seminario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.09.2022.