Santiago de Compostela
Seminario 103
Conferencia de Enrique Pediguero Gil e Eduardo Bueno Bergara, da Universidade Miguel Hernández

O xoves día 9 de marzo ás 12.00 horas, terá lugar no CISPAC unha nova conferencia dentro do ciclo Seminarios do Grupo Histagra
Enrique Perdiguero Gil e Eduardo Bueno-Vergara, investigadores da Universidade Miguel Hernández, falarán sobre a medicina rural e a sanidade a través dunha conferencia que leva por título: Reforma sanitaria e medicina rural: Un encontro imposible?
Enrique Perdiguero Gil é doutor en Medicina pola Universidade de Alacante e catedrático de Historia da Ciencia na Universidade Miguel Hernández de Elxe. Eduardo Bueno Vergara é doutor en Historia pola Universidade de Alacante e máster en Historia da Ciencia e Comunicación Científica. É profesor axudante doutor na área de Historia da Ciencia na mesma universidade.
O seminario desenvolverase no Seminario 103 da sede do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais.