10.11.2023 | 18.00h
Organizado pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética

A relación e correspondencia de Vicente Aleixandre e Carlos Bousoño con José Ángel Valente será obxecto de análise este venres, 10 de novembro, ás 18.00 horas, na Facultade de Filoloxía. No acto organizado pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, intervirán Ruth Fernández Fernández, doutora sobre Aleixandre e Valente, quen abordará o epistolario entre os dous autores; e Laura Paz Fentanes, investigadora predoutoral sobre Valente que se centrará no epistolario entre o galego e Carlos Bousoño.