Ir o contido principal

A relación entre o lobo, a gandería e o home, tema dun foro sobre medio rural

19/09/2022 - 16.00 horas

A delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, abre este luns, na EPS de Enxeñaría, o foro promovido pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais, no marco do que varios relatores abordarán as problemáticas relacionadas coa presenza de lobo no monte, ao tempo que se debaterá sobre a protección especial desta especie

A relación entre o lobo, a gandería e o home, tema dun foro sobre medio rural
A relación entre o lobo, a gandería e o home, tema dun foro sobre medio rural

A coexistencia do lobo coa gandería e o ser humano centra este luns, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, a temática da primeira sesión do ciclo de conferencias ‘O futuro do medio rural no noroeste peninsular’, unha iniciativa promovida pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais (SEIAF), no marco da que se contempla a celebración de que se sete faladoiros abertos sobre cuestións ligadas ao medio rural ata o 20 de outubro.

A delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, abrirá o ciclo da SEIAF este luns, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da EPS de Enxeñaría, nun acto no que tamén intervirán a directora da centro universitario lugués, Rosa Romero; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez; a xerente do Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia, Patricia González Pereiró, e o presidente da SEIAF e alumno da EPSE, Andrés Osoro Corsino, quen precisou que máis de medio centenar de persoas formalizaron xa a súa inscrición para asistir a este debate monográfico sobre o lobo ibérico, a súa protección e problemáticas asociadas.

Unha vez rematado a apertura do acto, os relatores convidados a participar nesta palestra abordarán desde as súas respectivas perspectivas as problemáticas que depara a convivencia do lobo co gando no monte e mesmo coa actividade humana. Deste xeito, Carlos Nores, da Universidade de Oviedo, fará unha introdución ao tema desde a óptica científica; Benigno Fernández, da Consellería de Medio Ambiente do Principado de Asturias, falará sobre a xestión do conflito do lobo, mentras que a directora Xeral de Biodiversidade  tratará a inclusión do lobo na norma normativa de especies protexidas. A problemática relacionada cos estragos que provoca o lobo na actividade gandeira centrará as intervencións de Mercedes Cruzado, de COAG Asturias, así como dun representante do  Sindicato Labrego Galego.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2022.