Ir o contido principal

Relatorio sobre arqueoloxía e epigrafía de época romana, a cargo de Armando Redentor

18.04.2023 | 19.30h

Casa do Saber (Lugo)

A charla que impartirá o profesor da Universidadede Coimbra o martes 18 de abril, a partir das 19.30 horas, na Casa do Saber, encádrase na programación científica promovida desde o Museo da Domus do Mitreo

Ara romana achada na Domus do Mitreo
Ara romana achada na Domus do Mitreo

O profesor e investigador da Universidade de Coimbra Armando Redentor ofrecerá o relatorio ‘Arqueoloxía portuguesa en perspectiva: santurarios de época romana e epigrafía’ o vindeiro martes 18 de abril, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo. Esta actividade divulgativa, que forma parte da programación científica promovida desde o Museo da Domus do Mitreo, é de de acceso libre e de balde para todo o público interesado.

Redentor abordará na súa intervención unha análise respecto do feito relixioso e da súa realidade no noroeste peninsular, a partir dunha exposición que xirará arredor dalgúns dos santuarios de época romana máis relevantes do occidente hispano e localizados en territorio portugués.

Estes santuarios constitúen hoxe en día referencias obrigatorias para calquera investigación histórica, arqueolóxica e mesmo relacionada co ámbito da epigrafía, segundo subliña Redentor, quen tamén salienta o valor patrimonial dunhas edificacións que tamén actúan como faros ou espazos de visita en distintos itinerarios culturais.

A profesora da USC e directora científica do Museo da Domus do Mitreo, Dolores Dopico, será a encargada de presentar ao profesor do Departamento de Historia Antiga da Facultade de Letras da Universidade de Coimbra Armando Redentor, quen, de seguido, ofrecerá un relatorio desde a perspectiva histórica e arqueolóxica sobre varios santuarios, tales como o Endovélico (Terena, Alandroal), a Fonte do Ídolo (Braga), o santuario do Alto da Vigia (Sintra) ou o de Panóias (Vila Real). Na súa intervención, este refutado investigador fará especial fincapé na importancia da documentación epigráfica, dado que resulta capital para entender a orixe e a funcionalidade de cada un destes centros relixiosos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2023.