A charla pomovida polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar co gallo da celebración do 25N desenvólvese este xoves, ás 19.00 horas, en Formación do Profesorado

A activista que conseguiu saír da espiral do maltrato Aránzazu Domínguez Villanueva ofrece este xoves 24 de novembro, a partir das 19.00 horas, no salón de actos, da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC, un relatorio de concienciación fronte ao maltrato.
Esta sesión divulgativa e de sensibilización, está organizada polo alumnado da materia ‘Teoría e Historia da Educación Escolar, que imparte o profesor Francisco Candia Durán, e constitúe a primeira das accións promovidas no centro universitairo lugués co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro.