Ir o contido principal

VI Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

Relatorio 'Educación para a Cidadanía Global'

27.11.2020 | 12.00h

Videoconferencia

Estas sesións son froito da colaboración entre o Grupo de Investigación Terceira Xeración da USC (TeXe), a Campaña Mundial pola Educación e Solidariedade Internacional de Galicia

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas

O relatorio 'Educación para a Cidadanía Global' focaliza na construción dunha cidadanía global, a educación como chave para a sustentabilidade, o respecto ao medio ambiente e a xustiza social.

As VI Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global pretenden xerar espazos de diálogo e reflexión sobre as consecuencias e oportunidades da pandemia no ámbito da educación, xerar compromiso coa construción dunha cidadanía activa, crítica e solidaria; e dar a coñecer entre alumnado e docentes o traballo das entidades sociais galegas.

Por primeira vez, a celebración destas xornadas desenvolverase en formato virtual. A inscrición pode realizarse a través desta ligazón

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2020.