Ir o contido principal

Relatorio ‘A ruína como terceira paisaxe habitable. Do convento de freiras ao Konvent de artistas de Cal Rosal’

23.05.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia

A cargo da profesora e investigadora da Universidade Pompeu Fabra, Rosa Cerarols

Rosa Cerarols
Rosa Cerarols

O Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE desenvolve o día 23 de maio, ás 19:30 horas na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia, unha nova sesión na que a profesora e investigadora da Universidade Pompeu Fabra, Rosa Cerarols, impartirá o relatorio ‘A ruína como terceira paisaxe habitable. Do convento de freiras ao Konvent de artistas de Cal Rosal’.

Rosa Cerarols é profesora do Departamento de Humanidades da Universidade Pompeu Fabra e fai parte do grupo de pesquisa en Xeohumanidades onde traballa sobre o papel da xeografía na súa intersección coa creación cultural e a paisaxe. É así mesmo unha das persoas fundadoras do Konvent, espazo de experimentación artística e coidado territorial.

Tal e como explica o grupo organizador, a nivel territorial e no tocante ao patrimonio, xeralmente téndese a unha certa protección deste ou á tipificación do devir ruína, especialmente nos territorios que herdaron o trauma do éxodo rural e da non produtividade industrial contemporánea. Nese limbo e cunha certa dose de xeocreatividade, o marxinal da terceira paisaxe pode ser transformado nunha sorte de oportunidade emancipatoria renovada para vivir e experimentar outras formas de estar e habitar. Ese é o caso de Konvent, onde o concepto de ruína virou un motor de transformación e rexeneración do local. A partir da práctica cultural enraizada, trouxemos de volta á vida o cadáver do que acostumaban a ser as colonias industriais da bacia alta do rio Llobregat.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2024.