Ir o contido principal

DivulgaTerra 2020

Relatorios de divulgación da I+D desenvolvida no Campus de Lugo

1/12/20 - 19.30 horas

Lugo
Casa do Saber

O ciclo DivulgaTerra 2020, un foro de divulgación en galego da I+D que se desenvolve no Campus de Lugo, inclúe na súa primeira xornada a presentación de sete relatorios breves sobre diversos temas de investigación

Cartaz do ciclo
Cartaz do ciclo

Docentes e investigadores dos centros universitarios lugueses presentarán este martes, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, avances das súas liñas de traballo sobre movementos migratorios pre-COVID, pan galego, ácidos graxos no leite, viticultura de precisión, dendrocronoloxía, patrimonio artístico e ocio na capital luguesa a mediados do século XX.

Este evento de divulgación científica está promovido pola Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC. O obxectivo desta iniciativa non é outro que o de dar un pulo ao uso do galego como lingua de divulgación científica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2020.