Casa do Saber
O ciclo DivulgaTerra 2020, un foro de divulgación en galego da I+D que se desenvolve no Campus de Lugo, inclúe na súa xornada de clausura a presentación de sete relatorios breves sobre diversos temas de investigación

Docentes e investigadores dos centros universitarios lugueses presentarán este martes, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, avances das súas liñas de traballo sobre resistencia a antibióticos, feromonas e comportamentos animais, STEM e perspectiva de xénero, ADN, usos terapéuticos do ouro ou científicas na sombra
Este evento de divulgación científica está promovido pola Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC. O obxectivo desta iniciativa non é outro que o de dar un pulo ao uso do galego como lingua de divulgación científica.