Daniel Cao, profesor da USC e integrante da AIC, e José Mateos, profesor da Universidade da Murcia, impartirán as conferencias

O luns 12 de decembro ás 17.30h na Aula Magna da Facultade de Matemáticas acollerá dous relatorios sobre a nova Lei de Universidade (LOSU) e a endogamia universitaria promovidos pola Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura.
Daniel Cao, profesor da USC e integrante da AIC, abrirá a sesión cunha intervención titulada ' Que (non) cambia da nova lei de universidades', na que afondará nalgúns aspectos deste anteproxecto de lei que se atopa en proceso de tramitación no Congreso dos Diputados.
A seguir, o avogado e profesor da Universidade de Murcia José Mateos abordará na intervención 'De FPU a profesor asociado cunhas cantas sentenzas de por medio: un percorrido completo pola endogamia universitaria' as demandas cara a un sistema de selección de persoal máis transparente e exporá diferentes casos de corrupción que afrontou dende a práctica profesional e a experiencia persoal.
A participación na actividade é libre ata completar a capacidade da sala.