Ir o contido principal

Festival de artes escénicas 'USCénica 2020'

'Replay', a cargo da compañía Pisando ovos

03.07.2020 | 20.30h

Terraza do Auditorio da Universidade

O aforo estará reducido seguindo o protocolo de seguridade. O despacho para retirar as entradas permanecerá aberto desde as 19.00 horas

Imaxe do espectáculo. Foto: Pisando ovos
Imaxe do espectáculo. Foto: Pisando ovos

Este espectáculo de danza e música, a cargo da compañía Pisando ovos, terá lugar na terraza do Auditorio da Universidade, e será de balde ata completar aforo. A función, que comeza ás 20.30 horas e dura 25 minutos, irá seguida dunha sesión do DJ Jas Processor.

'Replay' é unha repetición onde retomar a acción e o pulso seguindo a estela do vinilo. Mentres, o cruce dos corpos e o intercambio en conversa do movemento e da música conseguen darlle unha volta a este espectáculo de Pisando Ovos, que conta coa colaboración especial de Alba Fernández Cotelo · Cía Exire e a súa peza ON, transformándose nunha acción performática.

O festival 'USCénica 2020' terá lugar entre o 1 e o 18 de xullo. Esta iniciativa, que se desenvolverá entre a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, o Salón Teatro e a terraza do Auditorio da Universidade, inclúe tanto funcións de teatro coma concertos. A totalidade da recadación do festival irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. A tal efecto, pódese adquirir unha butaca 0 para contribuír a esta axuda sen asistir a ningunha función, facendo un ingreso no nº de conta ES69 0049 1467 29 2010476054 (Banco Santander). 

Dado o aforo reducido, non existe a posibilidade de mercar un abono para todo o festival. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2020.