Evento organizado pola Área de Cultura da USC a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)

‘O soño musical dos mapas celestes’ é unha experiencia inmersiva elaborada ao redor dunha instalación audiovisual da artista Irene Dubrovsky, inspirada nos mapas do cosmos e as distintas maneiras de cartografalo. O espectáculo conta tamén con textos do profesor da Facultade de Física da USC José Edelstein, coa voz da cantante Uxía e coa interpretación da actriz Celtia Figueiras.
A iniciativa, desenvolvida polo Instituto de Física de Altas Enerxías (IGFAE) —centro mixto da USC e da Xunta de Galicia—, desenvolverase no Colexio de Fonseca do 7 ao 10 de setembro.
Deste xeito, a estrea terá lugar o martes 7, ás 19.30 horas, mais requerirá invitación previa. As representacións abertas ao público desenvolveranse os días 8, 9 e 10 de setembro ás 19.00 e 20.30 horas (dúas funcións ao día) no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca.
A entrada é de balde con rexistro previo nesta ligazón ata o xoves 9 de setembro ás 12.00.