Relatorio a cargo de Óliver Escobar Rodríguez

Óliver Escobar Rodríguez, profesor na Universidade de Edimburgo e alumno egresado da USC logo de licenciarse en Ciencias Políticas e da Administración, impartirá o xoves 26 o relatorio titulado 'Rescatando o futuro coa innovacion democrática? Participación cidadá e gobernanza pública en perspectiva global'. O acto terá lugar a partir das 11.00 horas e poderá seguirse en liña a través de Teams.
O relatorio enmárcase no ciclo de conferencias e diálogos 'Política para a Ágora' destinado a presentar debates contemporáneos ante o alumnado do centro e o resto da comunidade universitaria. "O programa, que pretendemos que se desenvolva ao longo do curso e teña continuidade noutros posteriores, estará protagonizado por egresados da nosa facultade que desenvolven actividades académicas, investigadoras ou profesionais especializadas nos temas que se aborden", explica o decano de Ciencias Políticas e Sociais, Ramón Bouzas. Óliver Escobar Rodríguez imparte docencia na actualidade na School of Social and Political Science.