10.12.2020 | 19.00h
Intervirán as autoras e autores premiados e haberá unha pequena actuación musical a cargo de Guadi Galego

O día 10 de decembro de 2020 entregaranse os galardóns correspondentes ao VI Premio Literario 'Mazarelos'. O acto estará presidido polo decano da Facultade de Filoloxía e mais polo vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade. Para asistir ao acto cómpre inscribirse previamente e seguir o protocolo Covid-19 correspondente. Hai 22 prazas dispoñibles.
Este evento tamén será retransmitido en directo a través de Microsoft Teams nesta ligazón.