Santiago de Compostela
Seminario 103
Con Isidro Dubert, Antía Pérez Caramés, Belén Fernández Súarez e F. Javier Sanz Larruga

O mércores 1 de febreiro ás 10 horas, o CISPAC continúa co ciclo de Días de parolada, no que o persoal investigador do Centro achega o estado das súas investigacións ao público.
O profesor do departamento de Historia da USC Isidro Dubert abrirá a sesión co relatorio 'O despoboamento, mito ou realidade'. Seguirán os relatorios 'Continuidade da despoboación entre Galicia e o norte de Portugal', da profesora do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, Antía Pérez Caramés;, e 'O retorno da nova emigración española: motivos para volver e cambio de ciclo de vida', da profesora do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, Belén Fernández Suárez. Finalmente, F. Javier Sanz Larruga, profesor do Departamento de Dereito Público da UDC pechará a rolda de intervencións coa conferencia 'Loita contra o despoboamento rural e o reto demográfico: as políticas públicas desenvolvidas en España' e a sesión concluirá cun debate entre as persoas participantes.
O evento terá lugar no Seminario 103 do CISPAC e tamén poderá seguirse en liña a través de MS TEAMS. A asistencia é libre e gratuíta.