Ir o contido principal

Reunión do Consello de Goberno

30.01.2025 | 09.30h

Salón Reitoral

Colexio de San Xerome
Colexio de San Xerome

O Consello de Goberno celebrará este xoves 30 unha xuntanza ordinaria na que tratará o Regulamento para a creación e funcionamento de Centros Singulares de Investigación, así como a proposta de candidaturas para as axudas Beatriz Galindo. A xuntanza está previsto que comece ás 9.30 horas, en primeira convocatoria, no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Na orde do día figura igualmente a modificación das RPT de PTXAS funcionario e de persoal laboral, así como a creación da cátedra institución USC-Monbus de Mobilidade Sostible. Neste senso, tamén se someterá a aprobación os logos das cátedras institucionais Araguaney para o Diálogo entre Culturas e Carvalho Calero. Outros asuntos a abordar serán a concesión dos premios extraordinarios de grao e mestrado universitario do curso 23/24, así como de doutoramento de 22/23.

Completan a orde do día o regulamento de fin de estudos, transferencia de coñecemento, a actualización de tarifas así como a aprobación de convenios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2025.