Ir o contido principal

Reunión do Consello de Goberno

27.06.2025 | 09.30h

Santiago de Compostela
Salón Reitoral

Entrada da Reitoría. Foto: Santi Alvite
Entrada da Reitoría. Foto: Santi Alvite

O Consello de Goberno da USC reunirase o venres 27 de xuño a partir das 9.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para tratar, entre outros asuntos, a aceptación das Contas Anuais do exercicio 2024.

Ademais, en materia de PDI debaterán a aprobación de prórrogas de contratos de profesorado lector, a modificación da Planificación de profesorado 2025, prórrogas de comisión de servizos e propostas de desvinculación dunha praza de catedrático de universidade con vinculación asistencial, de resolución da convocatoria de 2025 de quinquenios e de asignación de complementos de excelencia curricular 2024. Someterase a aprobación tamén unha corrección de erros na asignación do complemento retributivo autonómico por cargos de xestión da convocatoria de 2022. Xa no ámbito do persoal de administración e xestión, tratarase a modificación da RPT.

Outros asuntos da orde do día son o protocolo de protección dos menores de idade en actividades deportivas e outras actividades organizadas pola USC, Cursos de estudos propios, os logos institucionais do iHUS e do iLTIUS, regulamentos de traballos de fin de estudos ou as tarifas do curso 2025/2026.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2025.