
A Reunión Nacional Estalmat desenvólvese na Facultade de Matemáticas compostelá desde a tarde deste venres 12 de abril ata a mañá do domingo 14. A inauguración oficial é este venres 12 de abril a partir das 16.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Abrirá o acto o reitor da USC Antonio López, e tras el intervirán a decana da Facultade de Matemáticas da USC e presidenta de Estalmat Galicia, Mª Elena Vázquez Cendón; o coordinador xeral de Estalmat, Eugenio Hernández; o director de Estalmat e membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España, Manuel de León, e o conselleiro en funcións de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González. Asiste tamén a directora xeral da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey. Pecha o acto institucional o reitor da USC.
O encontro prolóngase o venres 12 ata as 20.00 horas. A xornada do sábado 13 comeza ás 10.30 horas e remata ás 20.00 horas e a do domingo 14 empeza ás 10.00 horas e remata ás 12.30 horas.
