Ir o contido principal

Reunión do xurado do XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

31/01/2023 - 13.00 horas

Pazo de Montenegro (Lugo)

O reitor da USC, Antonio López, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, darán a coñecen este martes 31 de xaneiro, ás 13.00 horas, a candidatura gañadora do galardón, dotado con 10.000 euros en metálico e placa conmemorativa

Antonio López e Carlota López, na presentación do XXIII Premio  Aresa
Antonio López e Carlota López, na presentación do XXIII Premio Aresa

O reitor da USC, Antonio López, e o presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, darán a coñecer este martes 31 de xaneiro, a partir das 13.00 horas, no lugués Pazo de Montenegro, a candidatura gañadora da vixésimo terceira edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón dotado cunha gratificación en metálico de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa.

López e Rodríguez darán conta da decisión adoptada polo xurado encargado do Premio Aresa nunha reunión previa, no marco do que as persoas que integran este comité, entre as que tamén se atopan o catedrático Marius Rubiralta, a CEO de Leche Río, Carmen Lence, e o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2023.