Un encontro promovido polos grupos Hispona e Histagra, da USC, e HC1, da UVigo

Os grupos de investigación de Historia Política e dos Nacionalismos (Hispona) e de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra), na USC, e de Historia Contemporánea 1 (HC1), na UVigo, promoven o Congreso 'Revisitando a ditadura de Primo de Rivera. O Centenario do Golpe de Estado de 1923' que se desenvolverá do 14 ao 15 de setembro na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela . Dirixido por Margarita Barral (USC) e Luis Velasco (UVigo), o encontro afondará nas liñas temáticas referidas á política, sociedade, militarismo e economía do réxime.
O programa do evento, dispoñible en liña, inclúe intervencións de Ramón Villares Paz, Xosé Manoel Núñez Seixas, Alejandro Quiroga, e Eduardo González Calleja.
Máis información na web do encontro.
