Conferencia inaugural do Mestrado de Historia Contemporánea da USC

O Mestrado de Historia Contemporánea da USC programa o día 20 de setembro ás 12.00 horas a conferencia 'A revolution of Banalities. Reflections on Fascism’s International Dynamic', unha conversa co profesor da Keeke University, Aristotle Kallis, quen desenvolverá unha abordaxe orixinal e novidosa sobre as posibilidades de interpretación do fascismo como un fenómeno transnacional, e sobre as súas vías de difusión e adaptación a diversas sociedades e tradicións políticas nacionais.
O profesor Kallis é un dos máis recoñecidos expertos mundiais na análise histórica do fascismo, nomeadamente en perspectiva transnacional e comparativa. Entre as súas obras salientan Genocide and Fascism (Routeledge, 2009); Nazi Propaganda and the Second World War (Palgrave, 2007); The Third Rome, 1922-1944: The Making of Fascist Capital (MacMillan, 2014) e Rethinking Fascism and Dictatorship in Europe (Palgrave Macmillan, 2014), este último en coedición con Ana Costa Pinto.
A sesión desenvolverase na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia.