25.03.2022 | 12.00h
María Pilar García Negro e Manuel Castelao Mexuto co-asinan este volume

O venres, día 25 de marzo, ás 12.00 horas, o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a presentación do volume Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, unha obra de Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro.
O reitor da USC, Antonio López, será o encargado de presidir este acto no que tamén tomarán parte Miguel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; a autora e o autor do volume; e a súa editora, Carmela González Boo.