O relatorio servirá de preludio dunha visita guiada ao Fondo Rof, promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), depositado na Bibloteca Intercentros do Campus de Lugo, co gallo do nomeamento deste veterinario como 'Cíentífico galego do ano 2022'

O ciclo ‘Apaixoad@s pola veterinaria’ achégase o vindeiro 21 de setembro, a partir das 18.00 horas, na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, á figura e ao legado de Juan Rof Codina, nomeado Científico galego do ano 2002, por parte da Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC), a través do relatorio ‘O primeiro influencer veterinario’, impartido polo doutor en Veterinaria Diego Conde. Ao remate desta charla, que se inclúe na programación promovida pola Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC), o público interesado poderá participar nunha visita comentada ao Fondo Rof, tal e como se denomina ao arquivo e a biblioteca persoal de Juan Rof Codina, que está depositado nas dependencias da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.