11.01.2022 | 12.00h
Organizado polo IMAT

A Facultade de Matemáticas da USC acollerá o martes, 11 de xaneiro, ás 12 horas unha nova sesión do Seminario Vidal Abascal.
Desta volta, Ramón Barral Lijó, da Ritsumeikan University de Xapón, introduciranos nun dos problemas abertos máis importantes no campo da rotura de simetrías: a conxectura da moción infinita. Na sesión, consideraremos unha modificación deste problema desde o punto de vita da xeometría de gran escala, e probaremos que o resultado é certo para unha cantidade considerable de grafos.
