O primeiro prazo de reserva esténdese do 6 ao 19 de febreiro

A Área Deportiva da USC programa do 6 ao 9 de abril unha ruta polas Merindades, unha comarca situada ao norte da provincia de Burgos, que permitirá coñecer o monumento natural Ollo Guareña. A viaxe inclúe aloxamento en réxime e media pensión no hotel El Capricho de Clemente, polo que será preciso levar a comida diaria para a ruta. A expedición inclúe catro itinerarios para coñecer diferentes zonas e paisaxes da contorna que presentan unha dificultade media e requiren familiarización coa práctica do sendeirismo e un bo estado de forma.
A saída realizarase o xoves 6 ás 7.00 horas dende o exterior da piscina universitaria e a volta está prevista o domingo 9 ás 21 horas (aproximadamente)
Inscricións
1º Prazo (reserva de praza): desde o 6 de febreiro ata o 19 de febreiro, cun prazo de preferencia ata o 12 de febreiro para os membros da comunidade universitaria e as persoas que dispoñan de bonos de sendeirismo. Importe: 100 €.
2º Prazo: desde o 20 de febreiro ao 9 de marzo. Importe restante en función da categoría e do usos de bonos.
En caso de cubrirse as plazas, as persoas interesadas poderán remitir ao correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) os seus datos (nome e apelidos, teléfono e e-mail), indicando o seu interese por participar na actividade, para cubrir posibles baixas o ampliacións.
A partir do 10 de marzo non se admitirán anulacións excepto que a praza a anular poida ser cuberta por algunha persoa da lista de agarda (se a houbera). Se hai unha anulación con causa xustificada e no se cubre a praza vacante, poderase devolver a parte dos gastos non facturados á USC.
Atenderase por rigorosa orden de chegada de peticións.
A información completa sobre tarifas e procedemento de inscrición está dispoñible na web da Área Deportiva.