Ir o contido principal

Ruta por Muros e a serra de Outes

06.05.2023 | 09.00h-19.30h

Santiago de Compostela
Saída dende o exterior da Piscina Universitaria

No mes de maio, a Área Deportiva propón un percorrido pola contorna natural de Muros e Outes

Desembocadura do Río Maior en Esteiro, Muros. FOTO: L. Miguel Bugallo Sánchez, CC BY-SA 4.0
Desembocadura do Río Maior en Esteiro, Muros. FOTO: L. Miguel Bugallo Sánchez, CC BY-SA 4.0

O día 6 de maio a Área Deportiva da USC propón un novo itinerario para coñecer a paisaxe galega mentres se mellora a condición física. Desta volta, a ruta circular arrinca  na parroquia de Esteiro (Santa Mariña) no concello de Muros e adéntrase no de Outres nun percorrido que leva por diferentes puntos de interese da zona, como a desembocadura do río Maior, o Pico do Castelo Grande, muíños, bosques, miradoiros, e lugares como o Maio, Riomaior, ou Arestiño, entre outros. Así, a expedición achegarase ao Pico do Castelo Grande, situado a 357 metros de altitude, un miradoiro perfecto sobre todo o val desta parroquia de Muros, conformado polos ríos Maior e Arestiño e parte da ría.

É unha ruta sen grandes dificultades aínda que ten algo de desnivel, e nos leva por zonas ben bonitas.

A expedición, guiada por Víctor Fidalgo, sairá en autobús ás 9.00 horas dende a Piscina Universitaria de Santiago e volverá ás 19.30 horas (aproximadamente). 

A información sobre os prazos de inscrición das distintas categorías, as tarifas e descontos para a comunidade universitaria nas actividades de sendeirismo está dispoñible na web da actividade

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2023.