Ir o contido principal

Ruta por Rebordechán

22.04.2023 | 09.00h-20.30h

Santiago de Compostela
Saínda dende a Piscina Universitaria

No mes de abril, a Área Deportiva propón un percorrido por esta fermosa paraxe do concello de Crecente

Ruta por Rebordechán
Ruta por Rebordechán

Visita ao concello de Crecente para facer un variado percorrido pola parroquia de Rebordechán. A ruta comeza na igrexa de Santa María, no núcleo da parroquia. A expeición sairá da aldea en constante ascenso durante uns quilómetros ata chegar ao Marco, case no Alto da Serra. Dende aquí gozará dunhas fermosas panorámicas dos concellos próximos así como do val que forma o río Miño (este tramo pertence ao encoro da Frieira).

Logo comezará a descender novamente ata chegar a aldea outra vez, e de aí seguirá ata cruzar a vía do tren e achegarse á beira do Miño. Daquela, atravesará un fermoso bosque de ribeira moi preto río ata chegar ao lugar de Parada. Un pouco máis adiante, chégase ao rego de Chedeiro, cun sendeiro que transita entre numerosos muíños. Ao pouco, e logo dunha última subida, chétase novamente a Rebordechán.

É unha ruta sen grandes dificultades, aínda que con certo desnivel e algún tramo de sendeiro estreito que esxe ir con tino. E destacable o estado de conservación dalgúns bosques que se ven durante o percorrido.

A expedición, guiada por Víctor Fidalgo, sairá en autobús ás 9.00 horas dende a Piscina Universitaria de Santiago e volverá ás 20.30 horas (aproximadamente). 

A información sobre os prazos de inscrición das distintas categorías, as tarifas e descontos para a comunidade universitaria nas actividades de sendeirismo está dispoñible na web da actividade

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2023.