Ir o contido principal

Festival de artes escénicas 'USCénica 2020'

'Salvador', de Borja Fernández

08.07.2020 | 20.30h

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

O aforo estará reducido seguindo o protocolo de seguridade. O despacho para retirar as entradas permanecerá aberto desde as 19.00 horas

Imaxe do espectáculo. Foto: Borja Fernández
Imaxe do espectáculo. Foto: Borja Fernández

Esta obra de teatro, a cargo de Borja Fernández, terá lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, e o prezo da entrada será de 3 euros. A función comeza ás 20.30 horas e dura 50 minutos.

A peza 'Salvador' é un proxecto escénico entre o documental e a ficción teatral sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. 'Salvador' céntrase na figura dos avós, concretamente de aqueles galegos emigrados a Suramérica a mediados do século pasado, e no seu o impacto na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos, tomando como sinécdoque a figura de Benito Fernández, galego de Verín que un día colleu clandestinamente un barco en Vigo para nunca mais volver.

O festival 'USCénica 2020' terá lugar entre o 1 e o 18 de xullo. Esta iniciativa, que se desenvolverá entre a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, o Salón Teatro e a terraza do Auditorio da Universidade, inclúe tanto funcións de teatro coma concertos. A totalidade da recadación do festival irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. A tal efecto, pódese adquirir unha butaca 0 para contribuír a esta axuda sen asistir a ningunha función, facendo un ingreso no nº de conta ES69 0049 1467 29 2010476054 (Banco Santander). 

Dado o aforo reducido, non existe a posibilidade de mercar un abono para todo o festival. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2020.