10.03.2020 | 20.00h
A Comisión de Normalización Lingüística de Medicina e Odontoloxía organiza un ciclo de charlas que pretenden afondar na relación entre a medicina e a identidade, a comunicación e o idioma, baixo o lema ‘O galego ten saúde!’. A primeira das palestras será o vindeiro martes 10 de marzo no Salón de Actos do centro ás 20.00 horas. Os doutores Raimundo Mateos e Alexandre García-Caballero falarán sobre ‘A saúde mental na poboación galega’.

Mateos debullará, na súa intervención aspectos da prevalencia de doenzas mentais, da drogodependencia ou da síndrome suicida no noso país. Pola súa banda, García-Caballero referirase ao retorno migratorio e a súa influencia na psicopatoloxía da poboación galega.