A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos con aulas abertas e sesións que profundan no labor e a pegada da institución

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
Baixo o título 'Saber de Nós. Olladas no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos', a segunda edición no programa afonda no labor e a pegada do SEG en aulas abertas e conversas que percorrren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Henrique Monteagudo.
Ruth Bermúdez Rodríguez conduce a sesión 'O SEG no estudo do papel das razas autóctonas de Galicia', unha aula aberta programada ás 11 horas do 29 de novembro na Aula de 1º Curso da Facultade de Veterinaria.
