Salón de Actos
O director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC abordará esta temática o venres 27, ás 12.30 horas, no salón de actos da EPSE

O catedrático e director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, Senén Barro Ameneiro, ofrece este venres 27 de outubro, a partir das 12.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, o relatorio ‘Seguiremos ensinando na sociedade da intelixencia artificial?’
Barro Ameneiro reflexionará na súa intervención sobre se ChatGPT constitúe o fin da educación ou se este desenlace está máis ligado co mantemento dun modelo educativo máis propio do século XX. Neste contexto, o ex reitor da USC falará da Intelixencia Artificial como un acelerador de cambios sociais que tamén pode resultar de utilidade para aprender máis, mellor e máis rápido.