Ir o contido principal

Feira

Semana da Orientación Educativa 'AULA'

12.04.2021-17.04.2021 | 10.00h-20.00h

En liña

'AULA' é un espazo de orientación educativa para alumnado, familias e colexios que axuda a escoller itinerarios formativos a través dun servizo de atención personalizada de balde

Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite

A Semana de Orientación Educativa 'AULA', na que toma parte a USC entre outras institucións, afonda na oferta de estudos de grao para axudar a escoller itinerarios formativos.

Entre o 12 e o 17 de abril, en horario de 10.00 a 20.00 horas, a universidade atenderá as consultas individuais en citas que poden ser previamente fixadas, ademais de ofrecer actividades en vivo ou grabadas de grande interese.

Para participar nesta iniciativa só tes que rexistrarte na web de 'AULA', e recibirás atención personalizada de balde. 

A USC non só ten unha ampla oferta de titulacións, tamén presenta todo un abanico de servizos para facer da etapa universitaria unha experiencia vital.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2021.