Ir o contido principal

Conferencia

'Semantic Independence', impartida por Christian Lengauer

05.11.2020 | 12.30h-13.30h

Esta conferencia non require coñecementos previos máis aló de experiencia básica en programación secuencial e imperativa

Christian Lengauer
Christian Lengauer

'Semantic Independence', impartida por Christian Lengauer, da Universidade de Passau, é unha conferencia organizada polo CiTIUS sobre un concepto fundamental de  software: a independencia das partes dun programa imperativo entre si. A independencia pode conducir a un maior rendemento a través do paralelismo, e a unha maior proteción de datos mediante a separación de espazos de nomes.

Durante este encontro virtual traballarase no modelo semántico de transición de estado. Levarase a cabo a inspección de exemplos característicos e o desenvolvemento dun criterio formal preciso para a independencia de dous declaracións de asignación, e esta exploración conducirá a algunhas revelacións sorprendentes.

O evento poderá seguirse en directo en Microsoft Teams, a través da seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2020.