Ir o contido principal

Seminar Day | Día de parolada

23.09.2022 | 09.30h-13.00h

Seminario 103 Edificio Fontán Cidade da Cultura
Santiago de Compostela

O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais, no que participa a USC, promove esta xornada de conversas

Seminar Day | Día de Parolada
Seminar Day | Día de Parolada

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura acollerá o venres 23 de setembro a partir das 09.30 horas o 'Día de Parolada' ou 'Seminar Day' do CISPAC. 

Dúas rondas de conversas estruturan un programa que move á reflexión crítica da paisaxe dende múltiples perspectivas. 

En primeiro lugar, a sesión 'A incómoda memoria do pasado: Paisaxes culturais, patrimonios e territorios' establece un diálogo entre os relatorios de Juan M. Monterroso Montero, Begoña Fernández Rodríguez, Carla Fernández Martínez e Rosario Antón Acha. 

A segunda ronda, a partir das 12.00 horas, congrega as intervencións de Stefania Barca e Bibiana Martínez, Aline Simões e  Eleanora Gea Piccardi. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2022.